Xermade convoca o concurso de disfraces para o 16 de febreiro

TerraChaXa
Os premios oscilarán entre os 200 e os 50 euros para os adultos e de 70 a 25 para os pequenos e o prazo de inscrición remata o 11 de febreiro
entroido-xermade-2026
27 Jan 2026

O Entroido chegará de novo a Xermade o luns 16 de febreiro coa celebración dunha festa na tarde-noite. Os actos darán comezo ás 21.30 horas no pavillón polideportivo.

Haberá de novo concurso de disfraces, con tres únicos premios para os non empadroados. Para os empadroados establécense categorías de grupos, parellas e individuais e infantil. Ademais, haberá un premio especial á orixinalidade.

Os premios oscilarán entre os 200 e os 50 euros para os adultos e de 70 a 25 para os pequenos. Serán tres gañadores en cada unha das tres categorías para os veciños do Concello. Tamén haberá un premio único para o disfrace máis orixinal de 80 euros. Na categoría para a participación de persoas non empadroadas en Xermade os tres premios son de 150, 100 e 50 euros.

O xurado estará formado por tres persoas voluntarias do público e un secretario/a vinculado/a ó concello, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases.

As persoas que desexen participar no concurso deberán inscribirse nas oficinas municipais antes do 11 de febreiro e os que desexen máis información poden comunicarse co 678 744 178.

⚙ Configurar cookies
0.073620080947876