Xermade convoca o concurso de disfraces para o 3 de marzo

TerraChaXa
Os premios oscilarán entre os 200 e os 50 euros para os adultos e de 70 a 25 para os pequenos e o prazo de inscrición remata este mércores
entroido-xermade
25 Feb 2025

O Entroido chegará de novo a Xermade o luns 3 de marzo coa celebración dunha festa na tarde-noite. Os actos darán comezo ás 21.30 horas no pavillón polideportivo.

Haberá chocolate con biscoito e numerosos premios xa que se convoca tamén de novo concurso de disfraces, con tres únicos premios para os non empadroados. Para os empadroados establécense categorías de grupos, parellas e individuais e infantil. Ademais, haberá un premio especial á orixinalidade.

Os premios oscilarán entre os 200 e os 50 euros para os adultos e de 70 a 25 para os pequenos. Serán tres gañadores en cada unha das tres categorías para os veciños do Concello. Tamén haberá un premio único para o disfrace máis orixinal de 80 euros. Na categoría para a participación de persoas non empadroadas en Xermade os tres premios son de 150, 100 e 50 euros.

O xurado estará formado por tres persoas voluntarias do público e un secretario/a vinculado/a ó concello, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases.

As persoas que desexen participar no concurso deberán inscribirse nas oficinas municipais antes do 26 de febreiro e os que desexen máis información poden comunicarse co 678 744 178.

⚙ Configurar cookies
0.08557391166687