Xermade convoca un concurso de creación sobre igualdade
O Concello de Xermade convida a todo o alumnado do CEIP de Xermade a participar nun certame de creación artística escrita e gráfica sobre a igualdade.
Poderán concorrer ao certame o alumnado matriculado no CEIP Plurilingüe de Xermade durante o curso 2023/2024 e estableceranse para eles tres categorías deendendo da idade. A para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, a B para os de 5º e 6º de Primaria.
O tema do concurso baseará sobre os seres mitolóxicos desde unha perspectiva da igualdade, fomentando a busca da ruptura de estereotipos e transmutando os mitos que contribúen o mantemento de valores patriarcais e ó reparto dos roles de xénero. Cada categoría terá unha modalidade, así os máis pequenos teñen que facer un debuxo e os das categorías B e C crear un conto, en lingua galega.
Os traballos deben ser inéditos e orixinais, presentados nun folio de tamaño DIN A4, sen utilizar medios dixitais para a súa realización. Entregaranse só co título, sen ningunha identificación persoal.
A entrega dos traballos será presencial, na Biblioteca Municipal de Xermade, ata o 14 de xuño, achegando unha copia das cualificacións do curso 2023/2024 ou calquera outra documentación acreditativa, a efectos de certificar que o alumno/a está matriculado no centro.
Todo o alumnado participante recibirá un vale por 30 euros no momento da entrega do traballo para material escolar. De entre os traballos entregados, escolleranse tres premios por cada categoría, que recibirán premios de entre 20 e 25 eros no primeiro grupo de idade e de 75 a 40 nos outros dous.