Xermade convoca un concurso de narración e debuxo infantil

TerraChaXa
A Biblioteca Pública de Xermade vén de convocar, con motivo da celebración do 17 de maio do Días das Letras Galegas, O Certame de Narración de Debuxo Infantil no que poderán participar todo so nenos e nenas que o desexen con narracións en galegos cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara ou con debuxos de tamaño DIN A4.
certame letras galegas 2018_portada
23 Abr 2018

A Biblioteca Pública de Xermade vén de convocar, con motivo da celebración do 17 de maio do Días das Letras Galegas, O Certame de Narración de Debuxo Infantil no que poderán participar todo so nenos e nenas que o desexen con narracións en galegos cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara ou con debuxos de tamaño DIN A4.

O tema para ambos os dous traballos e Como camiou o conto. Como darlle unha volta ao conto tradicional. A organización pon de exemplos un lobo vexetariano, Carrapuchiña feroz, Cincento no canto de Cincenta ou unha Bela que nunca durme.

Como sempre, haberá tres categorías no concurso, na primeira estarán os rapaces ata 8 anos, na segunda os de 9 a 11 anos e na terceira, de 12 a 16.

O prazo de presentación de traballos remata o 8 de maio e os traballos premiados participarán na fase provincial do Certame, organizada pola Biblioteca de Lugo.

certame letras galegas 2018
0.18102192878723