Xermade e Cabreiros acollerán cursos gratuítos de alfabetización dixital para maiores de 55 anos

TerraChaXa
Durante as xornadas formativas, as persoas participantes aprenderán a empregar aplicacións relacionadas coa saúde, o entretemento e a comunicación
telefono-mobil-curso
2 Nov 2025

Xermade súmase á iniciativa Pueblo Digital, un programa destinado a promover o uso da tecnoloxía entre as persoas maiores, ofrecendo formación gratuíta para que poidan aproveitar ao máximo as ferramentas dixitais actuais.

Desenvolverase dous cursos, na capitalidade e en Cabreiros, entre os días 17 e 27 de novembro. O horario será de tarde no primeiro caso (16.00 a 18.00 horas) e de mañá (11.00 a 13.00 horas) no segundo. Na casa escola de Cabreiros desenvolverase a formación Vivindo conectados desde o pobo: Aplicacións de lecer e saúde, e na bilbioteca xermadesa será o curso Descubrir e explorar a contorna rural grazas a ferramentas dixitais.

Durante as xornadas formativas, as persoas participantes aprenderán a empregar aplicacións relacionadas coa saúde, o entretemento e a comunicación, ademais de coñecer ferramentas para compartir a historia, o patrimonio e a riqueza cultural dos seus pobos.

A iniciativa, impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, conta co financiamento da Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU, e co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse antes do 2 de novembro enviando un Whashapp ao número 678 744 178.

⚙ Configurar cookies
0.074565887451172