Xermade entrega os premios do concurso de decoración
O xurado do concurso de decoración organizado polo Concello de Xermade fixo entrega dos premios, tras analizar con detalle as propostas presentadas e tomar a súa decisión.
A entrega oficial de premios tivo lugar este luns 30 de decembro no salón de plenos do Concello de Xermade.
Os premios foron concedidos a Jennifer Caaveiro Pena polo mellor árbore de Nadal. Esther Roca Barro gañou na categoría de belén e nacemento e a mellor decoración xeral interior foi para Fernando González Corral. Finalmente, en decoración exterior gañou Marisol Corral Martínez.
Na categoría de establecementos comerciais e locais de asociacións veciñais o premio este ano foi para a decoración xeral da Asociación de Veciños de Cabreiros.
Desde o Concello, felicítase a todas as persoas premiadas polo seu traballo e agradece a alta participación da veciñanza, que contribuíu a engalanar Xermade durante as festas.
O tribunal estivo presidido polo alcalde, Roberto García Pernas, e composto por especialistas en deseño, emprego e traballo social.