Xermade estará de festas a partir do venres

TerraChaXa
Comezarán cunha verbena a cargo do dúo Venus onde haberá liscos gratis hasta que se acaben
programa-festas-xermade
4 Aug 2025

O municipio de Xermade, acollerá a fin de semana do 9 e 10 as festas na honra a Nosa Señora. Haberá unha previa, o venres 8 cunha verbena a cargo do dúo Venus onde haberá liscos gratis ata que se acaben.

O sábado, a xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Los Españoles, que fará unha dobre sesión na verbena da noite xunto ao grupo Galia.

O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora, con procesión e sesión vermú co grupo Ritmo, que amenizará novamente a verbena coa que se darán por rematadas as festas.

⚙ Configurar cookies
0.16900181770325