Xermade facilita unha listaxe da hostalaría aberta con servizo para levar
TerraChaXa
O Concello de Xermade vén de facer unha listaxe cos servizos que ofrecen negocios locais polo menos ata o día 17
10 Feb 2021
O Concello de Xermade vén de facer unha listaxe cos servizos que ofrecen negocios locais polo menos ata o día 17 ou mesmo ata que se levantes as restricións impostas pola Xunta de Galicia.
Así, baixo o título xenérico de Hostalaría con servizo para levar, fixeron carteis cos seis negocios abertos no termo municipal e os seus teléfonos de contacto. Ademais, sinalan a existencia dunha pensión que está aberta así como o servizo de ultramarinos e estancao que hai en Candamil.
Na listaxe hai un local en Xermade, un en Momán, outro en Roupar e dous en Candamil.
O obxectivo desta iniciativa, como explican dende o Concello, "é que os veciños poidan estar informados dos servizos que se lles ofrecen no seu propio municipio".