Xermade impón restricións no uso da auga da traída

TerraChaXa
O concello de Xermade únese a outros concellos na imposición de restricións ao uso non prioritario da auga da traída, logo de un inverno e unha primavera con baixas precipitacións, segundo explicaron os expertos.
auga abastecemento limpeza 3
5 Ago 2023

O concello de Xermade únese a outros concellos na imposición de restricións ao uso non prioritario da auga da traída, logo de un inverno e unha primavera con baixas precipitacións, segundo explicaron os expertos.

O alcalde, Roberto García, acreditou que as reservas de auga “están a resentirse, están a baixar os niveis a pasos axigantados e unha das intencións é restrinxir" comezando polos usos non prioritarios.

Por iso irase á prohibición de regar xardíns, hortas ou fincas, de encher piscinas, de baldear exteriores ou limpar o coche na rúa.

Van envorcar, desde o concello, en conseguir que “chegue para o consumo humano e das explotacións gandeiras, porque aquí temos bastantes explotacións gandeiras e teñen un elevado consumo durante todo o verán”, advertiu.

0.1425039768219