Xermade incorpora un tractor cortacéspede para o mantemento dos espazos verdes

TerraChaXa
A adquisición deste novo equipamento supuxo un investimento de 28.314,00 euros, que foi financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental
cortacespede-xermade
22 Dec 2025

O Concello de Xermade vén de incorporar un novo tractor cortacéspede ao parque de maquinaria do servizo municipal de Medio Ambiente, co obxectivo de mellorar e reforzar os traballos de mantemento dos espazos verdes do municipio. A adquisición deste novo equipamento supuxo un investimento de 28.314,00 euros, que foi financiado integramente a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Este tractor cortacéspede permitirá optimizar as tarefas de limpeza, coidado e conservación das zonas verdes municipais, facilitando unha intervención máis eficaz e regular. O seu uso destinarase principalmente ao mantemento dos campos de fútbol cos que conta o concello, así como a outras áreas de uso público que requiren un coidado continuo para garantir a súa seguridade e bo estado.

Desde o Concello destacan que esta incorporación supón un paso máis na modernización dos medios materiais ao servizo da veciñanza, ao tempo que contribúe a unha xestión máis sostible e eficiente dos recursos municipais. A mellora do equipamento permitirá reducir tempos de traballo, optimizar o esforzo do persoal e ofrecer uns espazos verdes máis coidados para o desfrute da cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.077308177947998