Xermade investirá 1,7 millóns de euros este ano
O Pleno do concello de Xermade aprobou cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención do Partido Popular, los orzamentos que rexirán o ente municipal durante este ano e que asecenden a1.705.786 euros, 100.000 euros máis que o ano pasado. O BNG votou en contra, o mesmo día no que o concelleiro Andrés Castro asumiu o cargo do partido en sustitución de Mar Hermida.
Segundo avanzou o alcalde, Roberto García Pernas, o obxectivo destes orazamentos "é adaptar a realidade da comara". Entre as partidas, figuran 330.000 euros para contratar persoal, 430.000 euros para os servicios sociais, xa que é un concello con poboación moi maior.
Tamén se espera comprar un cortacéspede e un camión por 23.000 euros, con axudas do Fondo de Compensación Ambiental e da Deputación, respectivamente. Outra partida, de 35.00 euros, destinarase ao alumeado público, onde cambiarán as bombillas por leds para aforrar na factura eléctrica. Súmanse tamén outros 54.000 euros para o arranxo de camiños e pistas.
Ademais, rehabilitarase o Batán de Folgoso, para o que se destiñarán 80.000 euros, nos traballos de posta en valor da contorna do río Folgoso. Como avanzou o alcalde, o obxectivo é completar estos traballos nas demais edificacións antigas, como unha fábrica da luz ou mais muíños que se atopan na zona, para nun futuro crear unha ruta etnográfica que resulte atractiva para o turismo.