Xermade: Nada cambiou
O alcalde e diputado socialista Roberto García mantivo a maioría dos sufraxios malia o avance do PP. A corporación queda en bipartito pola ausencia do BNG.
CONCELLEIROS ELECTOS
◆ Roberto García Pernas (PSOE)
◆ José Prieto Barro (PSOE)
◆ Carlos A. Guerra González (PSOE)
◆ Verónica Amarelo Morado (PSOE)
◆ Nélida Coira Pena (PSOE)
◆ Antonio Riveira Requeijo (PP)
◆ Sandra de Bernardo Eimil (PP)
◆ José Luis Vilasuso Paz (PP)
◆ Laura Romero Gato (PP)
Sen cambios en Xermade, onde a corporación quedará dividida por un concelleiro e cen votos, que foron os que supuxeron unha nova vitoria do socialista Roberto García.
O PSOE mantívose e aumentou en porcentaxe de voto, co 54,45%, mentres que o PP subiu moito máis, do 31,37 ao 43.82%, con máis de cen votos absolutos.
Este crecemento de ambos vén motivado porque non se presentou a candidatura do BNG polo que estímase que o voto repartiuse. Este partido xa non obtivo representación nos anteriores comicios.
Foi moito máis elevada a abstención, que se cifrou no 23.36%, e moi altos o número de votos nulos e en branco, 48.
O Partido Popular, que lidera Antonio Riveira, sumou un concelleiro máis polo que o equilibro entres ambos os dous partidos é axustado pero non haberá dúbidas sobre unha nova lexislatura vermella.
“Quero facer realidade a construción do museo da tornería, un centro de día e un novo centro social en Xermade”, subliñou o rexedor e candidato durante a campaña polo que estes deberan ser os primeiros preceptos. Roberto García leva como alcalde de Xermade desde o 2015 polo que esta será a súa terceira lexislatura.