Xermade organiza actividades o domingo e o luns contra a violencia de xénero

TerraChaXa
O Concello de Xermade sumouse á campaña En Negro contra as violencias de xénero para o que preparou unha serie de actividades que deron comezo o luns cunha representación de microteatro a cargo da Escola Municipal de Teatro de Vilalba co título Falsa imaxe.
Feira Poldro_1
22 Nov 2019

Así mesmo abriuse a exposición fotográfica Unha mirada ao 8 M, de Anuska A. Trastoy, que poderá visitarse ata este luns pola tarde.

O domingo 24 continúan as actividades cunha andaina contra a violencia de xénero ás 12.00 horas con saída dende o colexio. Constará de 6 quilómetros e ao remate da mesma haberá un refrixerio. A incrición pode facerse no teléfono 982 501 001.

Como colofón, o luns, ás 12.00, lerase un manifesto e presentarase un mural sen faltar o tradicional minuto de silencio.

0.12938690185547