Xermade organiza tres actos contra a violencia de xénero
Xermade sumarase un ano máis á campaña contra a violencia de xénero cunha serie de actividades que darán comezo este xoves, 25 de novembro, ás 12.00 horas, coa lectura dun manifesto e un minuto de silencio nun acto no que están invitados a participar todos os veciños e veciñas e que se desenvolverá diante do Concello.
Ademais, o sábado 27, ás 11.30 horas, volverá celebrarse unha andaina contra a violencia que sairá do Concello. Os interesados en participar deberán inscribirse por whatsapp no 678 744 178. Haberá agasallos para as persoas participantes.
Rematarán o domingo, ás 20.00 horas co monólkoco Golpes, espectáculo teatral-pedagóxico, con Estíbaliz Veiga, que analiza o impacto da violencica de xénero e tenta conciencias sobre a intervención e prevención. Será na biblioteca de Xermade.