Xermade organiza unha festa de Samaín o 31 de outubro

TerraChaXa
O Samaín volverá este ano a celebrarse en Xermde polo que hai prevista unha festa infantil o día 31 deste mes, ás 17.00 horas, no pavillón.
festa infantil samain xermade
22 Out 2021

O Samaín volverá este ano a celebrarse en Xermade polo que hai prevista unha festa infantil o día 31 deste mes, ás 17.00 horas, no pavillón municipal.

Durante a tarde haberá distintos xogos, música e merenda, ademais de pintacaras e concurso de disfraces e de cabazas.

A festa contará co aforo limitado como esixe o protocolo covid. Hai de prazo ata o 26 de outubro para anotarse a esta festa, e debe facerse no teléfono 678 744 178.

samain festa infantil xermade
0.083432912826538