Xermade organiza unha viaxe a Xuvenlugo e a festa de Reis en xaneiro
O Concello de Xermade continúa coa súa programación de Nadal con dúas actividades máis en xaneiro dixidas tamén aos pequenos da casa.
A viaxe terá lugar o día 3 de xaneiro con saída da praza ás 15.30 horas e chegada a Lugo unha hora máis tarde. A volta será ás 20.30 horas.
Trátase dunha actividade de balde na que os pequenos deberán ir acompañados polos seus pais. Para inscribirse será necesario facelo no whatsapp 678 744 178 como data límite o 29 de decembro.
Ademais, o día 5 haberá festa de Reis no pavillón municipal de Xermade, con animación.
Os Reis recibirán aos pequenos a partir das 16.00 horas para gozar destas festas de Nadal. Non faltarán as sorpresas para que grandes e pequenos gocen desta celebración.
Ademais, o Concello lembra que conta cun Buzón Real instalado no Concello para que os pequenos entreguen as súas cartas coas peticións.