Xermade pecha o ano cunha charla de compostaxe en Cazás

O Concello de Xermade convoca a derradeira sesión do ano do ciclo de charlas de compostaxe, baixo o título 'Como facer un bo compost'. A cita terá lugar o sábado 15 de novembro na Escola de Cazás, en A Casavella, entre as 11.00 e as 12.30.
O obxectivo é ofrecer pautas sinxelas para aproveitar os residuos orgánicos no fogar e mellorar a calidade do compost. Ao remate da actividade, o Concello entregará composteiros ás persoas que o soliciten. A participación require inscrición previa no teléfono 982 501 001.
A iniciativa encádrase nas accións municipais de economía circular e prevención de residuos, e busca implicar á veciñanza na redución da fracción orgánica do lixo mediante prácticas de proximidade e baixo custo.