Xermade presenta a listaxe de premiados no certame de Entroido

O Concello de Xermade celebrou con gran éxito o Entroido 2025, recoñecendo o esforzo e a imaxinación dos participantes a través de diversos premios. O certame contou con varias categorías, distinguindo entre participantes empadroados e non empadroados, así como un galardón especial á orixinalidade.
Na categoría infantil dos participantes empadroados, os premios foron para Os enanitos de Xermade, interpretado por Patricia Pico Roca, Hi Barbie Hi Ken, de Pamela Balsa Díaz, e A sirea, de Manuela Pérez Amarelo.
En individual ou parella, os gañadores foron Os galegos somos de boa pasta, de Marina Pilar Trastoy Vérez, José Luis Moreno e Macario, de Abel Pérez Corral, e Cleopatra, de Pilar Gesto Carballo.
Na categoría de grupos, os primeiros postos foron para Os Chichas Show, de María José Novás Ferreiro, Altar e verbena festa plena, de Sarai Paz Prieto, e El que roba a un ladrón 100 años de perdón, de Paula Campello Castro.
Entre os participantes non empadroados, os galardóns foron para África con aroma de café, de Laura Pacio Iglesias, Cazabichos, da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol, e Priscinetes, da Asociación de Veciños San Cosme de Nete.
O premio especial á orixinalidade foi para As doncelas do azul chairego, de Laura Bañobre Vázquez.