Xermade presenta o seu programa contra a violencia de xénero
TerraChaXa
Xermade volve desenvolver este ano unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de xénero.
20 Nov 2022
O Concello de Xermade volve desenvolver este ano unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de xénero.
Os actos darán comezo o 24, xoves, coa celebración dun partido de fútbol sala contra as violencias, no que participarán as escolas deportivas. Será ás 16.30 horas no pavillón de Xermade.
Así mesmo proxectarase o día 25 a película Volar, ás 17.00 horas na Casa Habanera de Roupar.
Completará o programa o sábado 26 unha andaina, que terá a súa saída ás 11.00 horas da praza do Concello. As persoas interesadas en participar nesta sesión, que estarán centrada na loita contra a violencia de xénero, poden facelo no teléfono 982 501 002.