Xermade presenta un plan de formación para as mulleres do rural
Chega ao Concello de Xermade, da man de Fademur Galicia, o Plan Allen Rural, financiado por Ikea, que ofrece formación e asesoramento personalizado de forma gratuíta.
O programa diríxese á creación de emprego e ao dimensionamento das explotacións e as empresas no sector agroalimentario.
O proxecto pretende dar resposta ás demandas das mulleres de áreas rurais, especialmente no ámbito da agricultura familiar, que son as que poden saír beneficiarias deste plan.
Así, además de asesorar de forma individualizada con sesións de titorías para cada participante, fará cursos do sector como fitosanitarios, agricultura ecolóxica, dixitalización, xestión de trámites e pilotaxe de drons.
As persoas interesadas en anotarse poden facelo a través do correo xeila.bardanca@fademurgalicia.es ou nos teléfonos 689 249 061 ou 881 817 516.