Xermade recibe o venres a obra de teatro Duncan do Palleiro
Chega a programación teatral da Deputación de Lugo, a través do Circuito teatro profesional 2021, á biblioteca de Xermade.
A compañía Lîlâ Teatro vai presentar a obra Duncan de Palleiro o próximo venres, 19 de novembro, ás 19.30 horas
A obra trata sobre un can de palleiro, un can especial que pertence a unha raza mítica e con prestixio.
Duncan leva unha vida sinxela, nunha vila pequena e rodeado de amigos e amigas. Así mesmo, gústanlle moito os nenos e nenas polo que sempre lles leva sorpresas que non deixan a ninguén indiferente. Unha obra de teatro que xunta a amizade, a liberdade e a cultura e que busca transmitir valores.
É unha actividade que vai dirixida a un público de máis de 3 anos e para garantir a distancia entre os asistentes precisamos que se inscriban na biblioteca, a través do teléfono 982 501 055 ou do correo electrónico: xermade.rbgalicia@eidolocal.es