Xermade recibe unha axuda para impulsar o plan de compostaxe
O programa de compostaxe doméstica do Concello de Xermade conseguiu a axuda solicitada á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático para a adquisición de 103 composteiros, que serán entregados a todas aquelas persoas con vivenda en Xermade que o soliciten.
O proxecto ten un orzamento total de 8.665,00 euros e a axuda concedida ascende a 7.798,50 euros, que están distribuídos en dúas anualidades, 779,85 euros no 2023 e 7.798,50 no 2024.
O Concello de Xermade recibiu a notificación da concesión o 13 de decembro de 2023 e o 30 de decembro presentou a xustificación da anualidade 2023. A anualidade 2024 debe xustificarse ata o 30 de decembro de 2024.
Os composteiros serán repartidos entre a veciñanza que o solicite voluntariamente, a fin de cumprir o compromiso de implantar a compostaxe doméstica do 100% dos biorresiduos xerados antes do 30 de decembro de 2025.