Xermade rende homenaxe a unha moza de Cazás polos seus logros en doma clásica
TerraChaXa
O Concello de Xermade rendeu unha homenaxe onte a Carolina Yumey Graña, veciña de Cazás, que quedou terceira no campionato de doma clásica.
17 sep 2021
O Concello de Xermade rendeu unha homenaxe onte a Carolina Yumey Graña, veciña de Cazás, que quedou terceira no primeiro campionato autonómico de doma clásica ao que se presentaba.
A deportista foi recibida, acompañada polos seus pais, polo alcalde e membros da Corporación que a felicitaron polos seus logros e animaron a seguir traballando nesta disciplina.
Carolina conta con 15 anos e a súa mira está posta agora no Campionato de España, ao que espera poder presentarse o ano que vén.
Comezou na equitación con menos de dez anos e de seguido interesouse pola doma. Malia que aprendeu con outros cabalos agora xa conta con montura propia e adestra con regularidade toda as semanas.