O Concello de Xermade ten en marcha celebrar este verán de novo os campamentos Xermade Conciclia, que teñen o obxectivo de facilitar o acceso das nenas e nenos do termo municipal a un tempo e espazo de ocio e diversión co fin, ao mesmo tempo, de axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral neste período estival.
O campamento realizarase desde o luns 27 de xullo ata o venres 14 de agosto pero tanto as actividades como o horario e o funcionamento do mesmo están aínda sen definir debido á situación de alerta sanitaria.
O Concello iniciou xa o proceso para a adxudicación do servizo entre as empresas que presenten solicitudes que se espera definir nestes días para poder comezar coa organización do mesmo.
Como en anos anteriores o campamento está dirixido a nenos de 3 a 16 anos e o obxectivo do mesmo e realizar a maior parte das actividades que se facían outros anos e que se dará a coñecer en función da oferta da empresa gañadora do servizo.