Xermar acollerá un obradoiro de cociña este sábado

TerraChaXa
Durante a xornada, os asistentes poderán participar activamente na elaboración dos pratos e posteriormente degustalos
taller-de-cocina-e-nutricion-cospeito
19 Mar 2025

O Concello de Cospeito organiza un taller de cociña saudable e nutrición dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender a preparar receitas ricas e equilibradas con ingredientes saudables.

O evento terá lugar o sábado 22 de marzo, ás 16:00 horas, na Escola de Xermar. Durante a xornada, os asistentes poderán participar activamente na elaboración dos pratos e posteriormente degustalos nun ambiente ameno e didáctico.

Esta iniciativa ten como obxectivo promover hábitos alimentarios saudables e ofrecer ferramentas para incorporar pratos equilibrados na dieta diaria. O Concello de Cospeito convida a todos os veciños a participar nesta actividade e desfrutar dunha experiencia gastronómica enriquecedora.

⚙ Configurar cookies
0.62558603286743