Xermar e Pino, en Cospeito, acollen un obradoiro de alimentación

TerraChaXa
Cospeito organiza un taller de alimentación consciente e Autocoidado para persoas maiores para promover unha alimentación equilibrada
27 Feb 2024

O Concello de Cospeito organiza un taller de alimentación para persoas maiores co obxectivo de adquirir coñecementos para promover unha alimentación equilibrada e axeitada ás necesidades de cada persoa e idade para promocionar hábitos de vida saudable entre as persoas maiores.

Está dirixido especialmente a persoas maiores do concello e aberto a todas as idades.

Este terá lugar en dúas sesións, o mércores 28 de febreiro será na escola de Xermar, a partir das 17.00 horas e o sábado 2 de marzo na escola de Pino, ás 12.30 horas.

Estará impartido pola nutricionista Tamara Rivas de Muimenta. O lema deste curso é que "ter uns bos hábitos alimentarios mellora a nosa saúde e axuda a previr enfermidades”.

0.16674709320068