Xermolos abre o prazo de inscrición para a súa escola de baile e música tradicional
O colectivo Xermolos mantén aberto o prazo de inscrición este mes para a Escola de Baile e Música Tradicional, que comezará en outubro as súas clases.
Lis Latas será o encargado de dirixir o apartado de baile tradicional, que terá clases os mércores en diferentes horarios. Así, de 18.00 a 19.00 horas haberá iniciación ao baile e percusión infantil. A seguinte hora será para iniciación, e perfeccionamento de 20.00 a 21.00 horas. Rematarán co grupo de cantos de taberna, de 21.00 a 22.00 horas.
Do outro lado, as clases de pandeireta, percusións e canto estarán da man de Branca Villares, que dará clases os xoves. Comezará ás 18.00 horas co grupo infantil, para seguir unha hora máis tarde co de iniciación. Perfeccionamento será de 20.00 a 21.00 horas.
Pepe Vaamonde dará clase de gaita e percusión os sábados de 10.00 a 14.00 horas.
As persoas que desexen anotarse poden facelo no 608 589 012.