Xermolos desenvolverá o XLI Festival de Pardiñas nun novo formato durante agosto
A Asociación Cultural Xermolos decidiu celebrar o XLI Festival de Pardiñas nun novo formato de acordo co seu título de Feira e Festa da Música e das Artes, tendo en conta as medidas de seguridade vixentes, convencidos da necesidade de manter viva a cultura e música, mesmo nos tempos máis arriscados.
Desenvolverase nas fins de semana de agosto 2020 en distintas paisaxes do Concello, nas que ao longo do ano se manteñen diversas actividades. Principian o 1 de agosto no Campo da feira de Parga coa XXVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e rematan o día 30 de agosto con actividades musicáis e culturáis nas parroquias do Vilar e Santa Locaia en albergues do Camiño Norte de Santiago, promocionando o patrimonio das nosas aldeas. Haberá pequenos concertos de grupos próximos, presentaranse filmes como Os Irmáns da Lexía, O trovador Martín de Padrocelos”, etc… e realizaranse talleres de distintas actividades.
Así, a programación arrincará o sábado 1 de agosto na carballeira de Parga coa lectura do pregón a cargo de Afonso Castro ás 12.00 horas e a apertura da Mostra de Artesáns de Instrumentos Musicais na que participarán preto de 40 artesás de todo o país. O grupo de música tradiconal Tres pesos ofrecerá un concerto en pequeno formato.
As actividades continuarán ao longo de todo o mes, abertas e gratuítas, a excepción do concerto de Uxía Senlle que será o 3 de agosto no Campo de Guitiriz ás 21.00 horas, con entrada a prezo simbólico de 2 euros para facilitar o control do aforo. Os tickets están a venda en catro negocios de Guitiriz: Soa, Xoldra, Gaibor e Librería Castaño.
O luns 3 haberá pasarrúas por Guitiriz a cargo de Grupos de Música Tradicional ao mediodía e xa pola tarde do No Cómbaro das Pontes. O martes 4 será a estrea da película María Solinha no Campo da Feira,
O sábado 8 haberá un parladoiro sobre o Camiño de Santiago, cinema ao aire libre e unha exposición sobre postais históricas a cargo do reporteiro gráfico Xosé Manuel Salgado.
O domingo 9 volverán as actividades ao aire libre con cinema e música de Nuada e Berta Franklin, o sábado 15 será a presentación do libro e do documental de Mini e Mero.
Xa o domingo 16 haberá un concerto musical de pequeño formato ao aire libre e unha proxección dun video adicado a Bebel e a súa familia dos Irmans da Lexía, o sábado 22 no Campo da Feira de Guitiriz será o Urban Witiricus, a presentación do cd de David Gómez: Ausencias, a homenaxe ás e os nenos, cinema ao aire libre, e a entrega dos premios do XLI Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo infantil e xuvenil.
O domingo 23 na Casa Habanero Xulio Xiz fará unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero cun libro e unha exposición co seu paso polo colexio Fingoy.
O sábado 29 na Casa das Artes de Pardiñas será a esperada homenaxe aos Artesáns de Pardiñas coa presentación do caderno O canteiro de Pardiñas, e o libro Palleta maldita de Sito Carracedo no seu obradoiro. Ademais haberá un concerto no recinto.
Por último o domingo 30 no Vilar farase unha homenaxe ás aldeas no Camiño Norte de Santiago no que haberá un parladoiro de Alfonso Blanco e cinema e concerto ao aire libre a cargo do grupo Sons de Aldea. A media tarde será a presentación do cómic Lendas do peregrino de Xavier Varela.
PROGRAMACIÓN
Sábado 1
*Campo da Feira de Parga. Camiño Norte de Santiago
11:30. Apertura da Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música
Tradicional.
12:00. Pregón : AFONSO CASTRO.
13:00. Presentación polo seu autor, Xosé Manuel Sánchez Rei, do libro: Xosé Manuel Seivane Rivas. A gaita con maiúscula.
Pasarrúas pola vila de Parga con Os Fiadeiros.
15:30. Mesa redonda. Artesáns de instrumentos “Onte e hoxe de un oficio”
17:00. Obradoiro de Baile Tradicional Galego: Ruth Pérez e María Besteiro da Escola de Música Tradicional de Xermolos.
17:30. Apertura da Mostra
19:30. Concerto en pequeno formato do grupo de música tradicional Tres Pesos
21:00.Peche da Mostra
Domingo 2
* San Alberte: Camiño Norte de Santiago
Presentación do libro de Mero Iglesias: No baleiro dunha soidade, unha viaxe polo Camiño Norte que nos leva a Compostela Pequeno Concerto de Música do grupo de gaitas Caivanca.
Luns 3
* Guitiriz
Pasarruas de Grupos de Música Tradicional o mediodía: A.C. Andrade de Vilalba e pola tarde: No Cómbaro das Pontes.
21:00. Concerto de Uxía Senlle no Campo da Feira de Guitiriz
Martes 4
*Guitiriz – Campo da Feira
Estrea da película María Solinha coa presenza do seu director Ignacio Vilar, patrocinada pola Deputación de Lugo
Sábado 8
* Roca no Camiño Norte de Santiago.
Parladoiro: San Xiao de Roca e o Camiño de Santiago” por Xaquín Campo
Cinema ao aire libre en Roca.
Exposición: Camiño ComPostal.Unha mostra do comisario e reporteiro gráfico Xosé Manuel Salgado de 110 postais históricas da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago.
Cinema documental Trobador no Camiño: Andares pola lírica do Martín de Pradozelos. Artistas convidados: A Quenlla
Domingo 9
*Campo da Feira de Guitiriz:
Cinema ao aire libre: Video de Kamy Iglesias: O cine en Guitiriz.
Concerto aire libre dos grupos Nuada e Berta Franklin
Sábado 15
* Parga no Camiño de Santiago
Presentación do libro Mini e Mero no Centro de Iniciativas e Turismo
Cinema ao aire libre: documental Mini e Mero.
Domingo 16
* Santa Mariña
No palco: Concerto musical pequeño formato ao aire libre.
Na igrexa: Proxección do video do Centro social Gomes Gaioso da Coruña adicado a Bebel e a súa familia dos Irmans da Lexía. Intervención de Selva García, sobriña dos Irmáns da Lexía
Audición musical na Igrexa: Hermanos de la Lejía do cantor arxentino Gustavo Fuentes
Ofrenda de frores no Monumento
Sábado 22
*Campo da Feira de Guitiriz
Urban Witiricus
Presentación ao aire libre do CD de David Gómez: Ausencias
Homenaxe ás e os nenos e festa dos nenos cun espectáculo de humor
Entrega dos premios do XLI Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo infantil e xuvenil
Cinema: curtas premiadas, interpretacións musicais premiadas; nenas e nenos rapeiros
Exposición dos traballos
Domingo 23
* Guitiriz, Casa Habanera: Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero
Presentación libro de Xulio Xiz: Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi
Exposición: Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi.
Sábado 29
* Casa das Artes de Pardiñas
Homenaxe aos Artesáns de Pardiñas: presentación do Caderno: O canteiro de Pardiñas, Ramón Villar e o libro Palleta maldita de Sito Carracedo no seu obradoiro.
Presentación do libro de Laura Romero: Ferreñas e Rockand Roll.
Concerto no recinto da Casa das Artes.
Domingo 30
*Vilar: Homenaxe ás aldeas no Camiño Norte de Santiago
12.00. Parladoiro, Alfonso Blanco: O Camiño de Santiago ao pé da Cova da Serpe.
Cinema ao aire libre: Montaxe de Fátima: A Cova da Serpe
Concerto ao aire libre: grupo Sons de Aldea
*Santa Locaia no Camiño Norte.
18.00. Presentación do cómic Lendas do peregrino de Xavier Varela, no albergue, escultor e escritor ao pé do Camiño
Concerto ao aire libre de Sons da Aldea.