Xermolos designa a Raúl Galego Chairego de Honra 2018
TerraChaXa
A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos nomearon Chairego de Honra 2018 a Raúl Galego, coñecido tamén como o Gaiteiro Nubeiro.
7 Nov 2018
A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos nomearon Chairego de Honra 2018 a Raúl Galego, coñecido tamén como o Gaiteiro Nubeiro.
O acto de homenaxe desenvolverase o sábado 17 de novembro ás doce do mediodía na Casa da Cultura de Vilalba, onde intervirán Mero Iglesias, Xulio Xiz, David Otero, Alfonso Blanco, Xurxo Souto e o nomeado, Raúl Galego.
Posteriormente, haberá un xantar no restaurante O Lanzós. Será preciso inscribirse no teléfono 646 41 38 90 e aportar 20 euros antes do día 15 de novembro.