Xermolos e a Asociación Manuel María entregan o próximo luns as navallas de Manuel María

LugoXa | TerraChaXa
Este ano corresponden ao gaiteiro e regueifeiro Luís O Caruncho e a escritor e músico Antón Valcárce
memoria-da-chaira-enteira
1 Sep 2025

A Irmandade Manuel María e a asociación cultural Xermolos concédenlle este ano a Navalla de Manuel María ao gaiteiro e regueifeiro Luís O Caruncho e a escritor e músico Antón Valcárce no acto Memoria da Chaira Enteira.

Os actos de entrega desta distinción faranse no acto de lembranza ao poeta chairego que terá lugar o luns 8 de setembro, aniversario do seu pasamento, en Outeiro de Rei.

Haberá un xantar xunto ao río Ladra, seguido ás 17 horas dun recital en Penas de Rodas, outro acto no cemiterio de Outeiro de Rei ás 18:00 horas e rito compartido celebrando a amizade e o compromiso dos homenaxeados en Santa Isabel.

O programa contará cun xantar ás 14.30 horas no Río Ladra e ás 17.00 desprazaranse para un recital ás Penas de Rodas. Unha hora máis tarde lerase o prego no cemiterio de Outeiro de Rei para rematar, ás 19.00 horas co rito compartido no Campo de Santa Isabel.

Para apuntarse a xantar hai que reservar no teléfono 646 413 890.

⚙ Configurar cookies
0.10524010658264