Xermolos e Espazo Casino 1889 fan a súa xuntanza anual

TerraChaXa
Terá lugar o sábado 19 en Carballo para falar de literatura, cultura e música
xermolos-carballo
14 Out 2024

Membros da Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz reuniranse este sábado, 19 de outubro,no histórico Espazo Casino co colectivo Casino 1889, en Carballo, para festexar a cultura galega.

Durante a xornada, falarase de asociacións culturais que sementan esperanza nas comarcas, de medios libres que alzan a voz nestes tempos de inxustizas, da importancia da tradición oral e das avoas.

"Falaremos de libros que berran liberdade, danzaremos e brincaremos cas músicas cantadas na nosa lingua. Compartiremos unha boa merenda e uns tragos ca xente amiga, e sobre todo desfrutaremos da nosa cultura en man común...", explican.

Xúntanse deste modo dúas comarcas irmáns de Bergantiños e a Terra Chá a partir das 18.00 horas. Comezarán coa presentación das publicacións de Xermolos e presentarase Radio Pardiñas. Despois será a vez do libro-cd de Richi Casás Fuliada na vila. Rematarán cun concerto de Pandeireteiras Raigañas, Maghúa, Filophóbicas e cunha foliada aberta.

0.17359614372253