Xermolos entregará a Navalla de Manuel María a Xela Arias e Xosé Lois García

TerraChaXa
A asociación cultural Xermolos continúa coa recuperación das actividades culturais cun acto que se desenvolverá o 8 de setembro.
XERMOLOS MANUEL MARIA tarxeton portada
31 Ago 2021

asociación cultural Xermolos continúa coa recuperación das actividades culturais cun acto que se desenvolverá o 8 de setembro en Outeiro de Rei e que rematará coa entrega da Navalla de Manuel María a Xela Arias mais á súa familia ademais de ao escritor Xosé Lois García pola súa participación na cultura da Terra Chá.

A programación dará comezo ás 14.30 horas cun xantar no río Ladra. Despois, ás 17.00, terá lugar un recital de poemas de Manuel María acompañados por música que se celebrará nas Penas de Rodas e ao remate levarán rosas vermellas á sepultura do poeta cahirego.

Concluirán a xornada co rito da entrega de navallas no campo de Santa Isabel a partir das 19.00 horas.

XERMOLOS MANUEL MARIA tarxeton
0.22321081161499