Xermolos fará este sábado un novo memorial Irmáns da Lexía

TerraChaXa
Este sábado 13 de novembro, Xermolos de Guitiriz celebra a Galicia Mártir que non puido facer no mes de agosto coma en anos anteriores.
memorial irmans lexia portada
9 Nov 2021

Este sábado 13 de novembro, Xermolos de Guitiriz celebra a Galicia Mártir que non puido facer no mes de agosto coma en anos anteriores, en Santa Mariña co IV Memorial Irmáns da Lexía.

A localización desta celebración é porque é onde se ergue o monumento aos Irmáns da Lexía, e na que hai unha fosa onde foron soterradas varias persoas asasinadas despois do golpe de estado do 36.

Farase unha ofrenda floral ás 12.30 horas, na fosa e no monumento nun acto no que participaran xunto con Xermolos as peñas do Riazor Blues para render homanaxe a Jaurés, Bebel e France, coñecidos como os Irmáns da Lexía, e ao resto dos represaliados polo franquismo.

A continuación haberá un coloquio no que participarán o coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, un representante da memoria histórica e outro de Riazor Blues.

memorial irmans da lexia guitiriz
0.18354201316833