Xermolos organiza o concurso de disfraces de Guitiriz o día 25
O concello de Guiritiz contará coa súa festa de Entroido, que estará organizada pola asociación Xermolos e que terá lugar o 25 de febreiro, martes festivo na vila.
A festa comezará ás 17.00 horas co desfile de participantes no concurso que será entre a Ponte Veiga e o Pavillón dos Deportes.
Haberá un primeiro premio para a comparsa gañadora que será de cen euros e un lote de produtos típicos. Así memso haberá recoñecementos para disfraces individuais e en parella de 20 euros máis agasallo no primeiro caso e só de agasallo para os que quedan en segunda posición.
O xurado tamén outorgará premios ás comparsas pola súa origialidade, traballo, humor e música, que rercibirán 60 euros cada unha das catro.
Por supuesto tamén se establacen premios para os infantís, cinco entre comparsas e individuais, que recibirán diferentes agasallos.