Xermolos presenta unha nova revista dedicada a Manuel García López, “O Reinote”

TerraChaXa
A presentación contará tamén con contacontos, improvisación oral, música e versos
libro-xermolos-
16 Jul 2025

O vindeiro venres 18 de xullo de 2025, ás 20:00 horas, terá lugar na Escola Habaneira a presentación da revista titulada Manuel García López, O Reinote, o capador de Sesulfe, unha vida falada polo verso. Trátase dunha nova publicación da colección As Nosas Raíces, promovida pola asociación Xermolos, que rende homenaxe a esta figura singular da tradición oral galega.

Durante o acto intervirán destacadas voces da cultura galega como Séchu Sende, Alba María, Alfonso Blanco e Xosé A. Arias, quen achegarán a súa visión sobre a vida e a obra de Manuel García López, coñecido pola súa capacidade para versificar a realidade e conservar a memoria popular a través da palabra dita.

A presentación contará tamén con contacontos, improvisación oral, música e versos, ofrecendo así un espazo de celebración da cultura oral e da identidade rural, en coherencia co espírito do homenaxeado.

Desde a organización fan un chamamento ao público a participar e a coñecer máis de preto esta figura tan representativa do patrimonio inmaterial galego.

⚙ Configurar cookies
0.16414093971252