Xermolos recupera este domingo a Festa da Fala

TerraChaXa
A tradicional romería de San Alberte de Guitiriz, tamén coñecida como Festa da Fala, será o domingo 22 na contorna da Capela do San Alberte.
CARTEL FESTA DA FALA ROMERIA SAN ALBERTE PORTADA
19 May 2022

A tradicional romería de San Alberte de Guitiriz, tamén coñecida como Festa da Fala, será o domingo 22 na contorna da Capela do San Alberte, organizada por Xermolos e as comunidades de montes de Sambreixo e Grupo Porto.

A capela acollerá a súa tradicional misa ás 10:00, coa procesión do Santo Alberte, celebracións relixiosas que se prolongarán durante todo o día. Ás 10.00 tamén sairá a camiñata dende a praza de Guitiriz pola ruta da auga ata o CIT de Parga, con hora prevista de chegada ás 12.00 horas, para continuar ata a Capela.

Nas útimas edicións, os asistentes estaban a recuperar a tradición de achegarse á romaría andando, en bicicleta ou acabalo, e por suposto a traer a morrala para merendar.

A sesión vermú dará comezo ás 14:30 e está prevista a actuación de Sons de Aldea de Bruxainas. Este último é un grupo de nenos e nenas da escola de música tradicional da Anpa do CEIP Lagostelle, que animará cos seus cantos a romaría.

Tamén haberá degustación de liscos e chourizos.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas presentarase o libro de Lucía Gómez Un legado infindo, sobre problemas de comunicación, ademais Alba María e Eva Teixeiro farán un espectáculo de poesía e improvisación e Xurxo Souto e Richi Casás farán a homenaxe a Manuel María en San Alberte.

Durante todo o día haberá unha feira con artesáns de todos os tipos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17609000205994