Xermolos retoma este venres en Guitiriz as proxeccións de cine
A asociación Xermolos xunto ao Festival de Cine de Roca retoma as proxeccións de cine. Será o venres 10 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa Habanera, e poderá verse a película Entrar nos Vilares.
O audiovisual recolle a procura de tres mozos que entrar nunha parroquia de Guitiriz para facer un documental sobre ela. Entón preguntan aos veciños para comprender a identidade do lugar e tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade.
Ao finalizar haber un coloquio no que participarán Cibrán Tenreiro, director e co-realizador; e Pastora Veres e Antón Tenreiro, membros da investigación do mesmo.
Esta proxección forma parte dun ciclo co que Xermolos quere desenvolver unha programación cinematográfica durante todo o ano, unha sesión unha vez ao mes, co nome Vaia Cine!
A liña común destas películas é unha vinculación coa etnografía e a defensa dos dereitos humanos e da xustiza social e buscando a equidade de xénero ou a presenza do galego.
Na programación inclúense filmes de actualidade así como outros estreados tempo atrás os cales se considera oportuno desde a organización recuperar polo seu interese social ou etnográfico.