Xermolos volve celebrar este domingo a Romaría de San Alberte e Festa da Fala

TerraChaXa
A tradicional romería de San Alberte de Guitiriz, tamén coñecida como Festa da Fala, será o domingo 21 na contorna da Capela do San Alberte.
13 May 2024

A tradicional romería de San Alberte de Guitiriz, tamén coñecida como Festa da Fala, será este domingo 19 na contorna da Capela do San Alberte, organizada por Xermolos en colaboración co Concello, a comunidade de montes de Sambreixo e o Grupo Porto.

A capela acollerá a súa tradicional misa ás 10:00, coa procesión do Santo Alberte, celebracións relixiosas que se prolongarán durante todo o día. Ás 10.00 tamén sairá a camiñada dende a praza de Guitiriz pola Ruta da Auga ata o CIT de Parga, con hora prevista de chegada ás 12.00 horas, para continuar ata a Capela.

A sesión vermú dará comezo ás 14:30 e está prevista a actuación dos grupos de gaitas e baile e Bloquinho de Xermolos ademais de Airños de Orbazai. Tamén haberá degustación de liscos e chourizos ao mediodía.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas está prevista a celebración dos maios cos grupos de pandereteiros de Xermolos. Ademais, haberá actuacións de música a cargo da asociación Madia Leva, a Escola de Música de Xermolos e Airiños de Orbazai.

Durante todo o día haberá unha feira con artesáns de todos os tipos e rematarán cunha foliada libre.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17158603668213