Xesús Rábade Paredes gaña o I Concurso de Poesía de Torre de Caldaloba

TerraChaXa
O escritor de Cospeito Xesús Rábade Paredes resultou gañador do I Concurso de Poesía de Torre de Caldaloba organizado para visibilizar o estado no que se atopa esta peza do patrimonio chairego.
47320514_1850465855075434_159763089670012928_n
7 Dec 2018

O escritor de Cospeito Xesús Rábade Paredes resultou gañador do I Concurso de Poesía de Torre de Caldaloba organizado para visibilizar o estado no que se atopa esta peza do patrimonio chairego. A obra seleccionada foi a presentada co lema Torre de Caldaloba en Terras de Valverde.

O xurado desta primeira edición estivo formado por Martiño maseda, Adolfina Mesa, Xosé Otero Canto, Beatriz López Dorado e Montserrat González Álvarez. Da peza gañadora recoñeceron "a súa imaxinación e contido histórico e antropolóxico, así coo o xeito de nefiar un corpus poético onde pasado e presente conflúen en torno ao símbolo que representa a Torre de Caldaloba".

Xesús Rábade, que recibirá 1.500 euros de premio en metálico e verá publicada a súa obra, é natural da parroquia de Seixas.

O segundo premio foi para o mestre e escritor ourensán Paulino Peña Álvarez, autor dun libro presentado baixo o lema Na pel das arbores do vento. O xurado valorou nesta obra "a súa evocación dos sentidos, cun axeitado uso da retórica e da voz poética en forma de versos como trallazos que obrigan a pensar e deixan un suave pouso de recordo".

Na categoría de menores de 18 anos repartíronse tamén dous premios, dotados con senllos lotes de libros ademais dunha tablet, no caso do primeiro premio, e dun libro electrónico para o segundo.

A gañadora neste apartado foi Andrea Sanjurjo Martínez, da Pobra do Caramiñal coa peza titulada E mascendo finou aínda que xa se empoderaba. O segundo foi para Yare Brea Espinosa, da Coruña, por Ciencia nun  poema.

O galardóns se entregarán o día 15 de decembro, ás 18.00 horas, nun acto que terá lugar no local social de Pino.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18001317977905