Xogadores e o técnico do Breogán visitaron aos escolares de Outeiro de Rei

TerraChaXa
Os xogadores, o técnico e a mascota do Leite Río Breogán pasaron unha mañá con escolares de Outeiro de Rei.
86702912_10159676302133747_3200137848296570880_o
20 Feb 2020

Os xogadores, o técnico e a mascota do Leite Río Breogán pasaron unha mañá con escolares de Outeiro de Rei.

O CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei recibiu a visita do Leite Río Breogán. Os máis de trescentos alumnos, acompañados do profesorado e representantes da Anpa do centro, representantes do Concello e do deputado de Deportes Efrén Castro, gozaron facendo preguntas aos deportistas, cazando autógrafos e fotos e mesmo bailando coa popular mascota celeste Máximus.

Houbo tempo para falar, entre outros temas, das orixes do nome Breogán do equipo, dos adestramentos, da alimentación dos xogadores, e de divertirse cunhas canastras e moitos, moitos autógrafos.

Os visitantes comprobaron que moitos dos nenos e nenas do centro, e mesmo profesores, son seguidores do equipo e mesmo vestiron a camiseta do Breo para a ocasión. Tamén foron moitos os nenos e nenas que levaron os aplaudidores repartidos durante o último partido no Pazo con motivo do día contra o cancro infantil, que contou coa colaboración de Peña Breogán, Somos Unidos por el Cáncer e Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A actividade enmárcase dentro do programa de patrocinio da área de deportes da Deputación de Lugo co CB Breogán que contempla numerosas actividades de promoción do deporte e hábitos saudables entre os máis novos.

 

86662710_10159676302103747_5345516653083885568_o
86738742_10159676301843747_6309889557252800512_o
0.086947917938232