Xogos e música na última feira do mes en Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
A última feira do mes de xullo, que terá lugar o 31 de xullo, non será unha feira calquera xa que Amigos da Feira ten preparadas actividades.
xogos xotramu muimenta 4
27 Xul 2022

A última feira do mes de xullo, que terá lugar o 31 de xullo, non será unha feira calquera en Castro de Rei xa que a asociación local Amigos da Feira ten preparadas varias actividades para que os veciños podan desfrutar dun domingo diferente de verán en Castro de Rei.

Así, entre as 11.00 e as 14.00 horas haberá xogos tradicionais para nenos e maiores a cargo de Xotramu, que se desenvolverán na explanada do CEIP Ramón Falcón. Mentres tanto, ás 12.00 haberá unha ruada e música tradicional a cargo de Os Valuros, que percorrerán o camiño entre o colexio e o campo da feira. Finalmente, ás 13.00 horas terá lugar o sorteo de 120 euros en vales de compra da promoción Compra en Castro de Rei.

0.16745495796204