Xogos infantís e xadrez para abrir a semana grande das festas de Vilalba 2017
Inchables, obradoiros de maquillaxe, xogos diversos e festa da escuma. Con esta programación a praza da Constitución centrará as actividades do luns 28 de agosto dirixidas aos máis pequenos e pequenas.
Deste xeito, os vilalbeses, vilalbesas e visitantes de máis curta idade poderán disfrutar dun día enteiro de festa deseñada pensando exclusivamente neles e nelas.
XXV Simultáneas de Xadrez
Xa a partir das seis da tarde, organizadas polo Espazo Xove de Vilalba desenvolveranse as vixésimo quintas simultáneas de xadrez tamén na praza da Constitución que se trasladarían á Casa da Xuventude no caso de que o tempo non acompañe.
As partidas estarán abertas á participación do público en xeral, sen límite de idade. E todos e todas as participantes recibirán un agasallo por formar parte dunha das propostas máis lonxevas dentro da programación habitual dos últimos anos polas festas e que logra chamar a atención dun numeroso público que despregan as súas tácticas e estratexias sobre o tableiro.
O TDM Vilalba celebra unha xornada de portas abertas
O club Tenis de Mesa de Vilalba, a modo de exhibición, celebra unha xornada de portas abertas o luns 28 de agosto a partir das cinco da tarde no pavillón do colexio Mato Vizoso de Vilalba dirixida a todas as persoas interesadas en ver en directo o deporte do tenis de mesa.
Non é necesaria inscrición previa.