Xorima gaña o Festival de cine de Roca na categoría galega

TerraChaXa
O documental Xorima vén de gañar o premio á mellor curtametraxe galega no Festival de Cine de Roca de Guitiriz.
FESTIVAL DE CINE ROCA GUITIRIZ1
29 Nov 2022

O documental Xorima vén de gañar o premio á mellor curtametraxe galega no Festival de Cine de Roca de Guitiriz.

A asociación Xermolos e os veciños de Roca celebraron a fin de semana o primeiro festival tralo parón da pandemia, a novena edición que se festexa nesta aldea de Guitiriz.

Este ano presentáronse dous curtas na categoría de galegas, O Fiadeiro presenta: 25 anos fiando, de Rafa Crespo e Xorima, de Sofía Naseiro, que abriron as proxeccións do concurso o sábado.

Na cartegoría de curtametraxes internacionais había sete aspirantes ao premio: Malakooti; Crema dura, quemadura; Cientos de intentos; Maldita. A Love Song To Sarajevo; Bésame Mucho; Uno más, e En el balcón de mi dama. As proxeccións destes foron a partir das 20.30 horas. O primeiro, Malakooti, de Javier Gómez Bello, foi o gañador nesta categoría. Nesta peza descríbese a loita da cantante de ópera iraniana Anahita para dedicarse a unha profesión que no pode exercer no seu país polas convencións relixiosas existentes.

"Estamos moi agradecidos á organización do festival, que foi unha gala inesquecible, á Asociación cultural Xermolos, e unha vez máis a todo o equipo que forma parte do Proxecto Xorima, e mais toda a xente que colaborou con nós para facer isto posible. Grazas, de corazón!", dixeron trala recepción do galardón.

A entrega de premios, na que non estivo o gañador internacional, deu paso a un festival cunha ruada na palleira de Galicia Rural, magosto, petiscos e música en directo coa actuación de Branca Villares e Proxecto Consoante.

Previamente, o pregón estivo a cargo de Inés López López, escritora lucense e rendeuse homenaxe a Kepa Junkera.n con dúas proxeccións, a reportaxe do XXXIII Festival de Pardiñas (2012), de Suso Pena – Foto Suso, con gravacións do directo de Kepa Junkera e Berpiztu. Preestrea en Galiza do documental que repasa parte do enorme legado e que dá a coñecer a historia de superación do pioneiro trikitilari Kepa Junkera, dirixido por Fermín Aio. 

O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, no que durante dous días se proxectan películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ó aire libre, e co obxectivo de dinamizala vida cultural da aldea e arredores.

Normalmente esta cita cultural tiña lugar en xullo pero este ano adiouse a novembro. Este proxecto naceu arredor da Asociación cultural Xermolos inspirado na Mostra de Cine de Ascaso.

FESTIVAL DE CINE ROCA GUITIRIZ GANADORA
PROXECCION FESTIVAL DE CINE ROCA GUITIRIZ
0.11257696151733