Xornada de modelismo naval no lago das Pontes

TerraChaXa
Estes domingo, na praia do Lago das Pontes estarán navegando maquetas de radio control de barcos nunha zona habilitada.
modelismo naval as pontes portada
21 Ago 2021

Estes domingo, 22 de agosto, na praia do Lago das Pontes, desde as 11 da mañá, ata as 14:30 horas, integrantes da Asociación Modelismo Naval y RC estarán navegando as súas maquetas de radio control nunha zona habilitada no extremo da praia do Lago.

Trátase dunha oportunidade única para achegarse ao mundo do modelismo e poder ver como surcan as augas do lago, pesqueiros, cargueiros, submarinos, barcos de vela, remolcadores, lanchas rápidas e patrulleiras de rescate, entre outros.

Trátase dunha actividade aberta a toda a poboación.

0.11427807807922