Xornada de observación de anfibios e réptiles en Rábade

TerraChaXa
O día 12 de maio a Casa das Insuas de Rábade celebrará unha Xornada de observación de anfibios e réptiles, que terá lugar de 10:00 a 18:00 guiada por Martiño Cabana (da Universidade da Coruña).
anfibios
4 Maio 2018

O día 12 de maio a Casa das Insuas de Rábade celebrará unha Xornada de observación de anfibios e réptiles, que terá lugar de 10:00 a 18:00 guiada por Martiño Cabana (da Universidade da Coruña). Nesta actividade pretende achegar aos participantes a biodiversidade de anfibios e réptiles existente na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, visitando algúns dos lugares máis interesantes da zona e desfrutando da observación das diferentes especies que poboan as as charcas, lagoas e carballeiras.

Podes obter máis información ou inscribirte na páxina web da AGCT http://www.custodiadoterritorio.org/actividades, no correo custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630-94.82.93 (Martiño) a través do WhatsApp ou vía telefónica.

0.11162304878235