Xornada de portas abertas na EEI de Vilalba
TerraChaXa
Está dirixida ao alumnado de novo ingreso e terá lugar en dúas quendas, ás 16.15 e ás 17.15 horas

20 Feb 2025
A Escola de Educación Infantil de Vilalba, situada na rúa Cuart de Poblet, celeberará o próximo martes, 25 de febreiro unha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer o que ofrece o centro antes da apertura do prazo de matrícula.
Esta xornada está dirixida ao alumnado de novo ingreso e terá lugar en dúas quendas, ás 16.15 e ás 17.15 horas.
Para asistir é preciso reservar asistencia no 982 828 155.