Xornada de portas abertas na Pontenova para o tiro con arco
TerraChaXa | AMariñaXa
25 Feb 2019
O domingo 10 de marzo de 11.30 a 13.30 e de 16 a 18 horas haberá unha xornada de portas abertas na Pontenova, no pavillón municipal Tito Margaride, para a práctica de tiro con arco de precisión.
Haberá diferentes monitores que achegaran aos máis curiosos este deporte. Este acto esta organizado polo Club Deportivo Arc-Eo e colabora o Concello da Pontenova.