Xornada de portas abertas en febreiro no Centro de Día de Begonte

O Centro de Día de Begonte, situado na localidade de Baamonde, celebrará o vindeiro luns 23 de febreiro unha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer o seu funcionamento á veciñanza. A iniciativa consistirá nunha sesión informativa que será impartida pola coordinadora e pola traballadora social do centro, quen explicarán de primeira man os servizos que se prestan e o labor diario que se desenvolve coas persoas usuarias.
Durante a xornada ofrecerase información sobre o acceso ao centro, as distintas actividades que se levan a cabo e a metodoloxía de traballo aplicada no coidado e atención das persoas maiores. Ademais, as persoas asistentes terán a oportunidade de coñecer as instalacións e observar directamente como se desenvolve o día a día no centro.
A xornada contará con dúas opcións horarias para facilitar a asistencia, cunha sesión pola mañá a partir das 12.00 horas e outra pola tarde desde as 16.00 horas. Para participar será necesaria inscrición previa, que poderá realizarse a través dos teléfonos 982 39 80 04 ou 687 05 61 94. A actividade está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis de preto este recurso asistencial do concello de Begonte.