Xornada de portas abertas no Centro de Recría de Castro, que acolle 700 xatas de 50 gandeiros lucenses
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e do representante de Recría Castro S.L, Rogelio Grille Barbeira, participaron nunha xornada de portas abertas das instalacións provinciais da Granxa Gayoso Castro, na que participaron uns 30 gandeiros todos eles da provincia.
Polo momento, son case 700 xatas de 50 explotacións gandeiras as que se están a recriar no que é o 1º centro de recría público de gando vacún. Isto supón un aforro aos usuarios de case 300.000 euros, pois a recría nestas instalacións é máis barata que noutros centros. De feito, o custo medio na Granxa Gayoso Castro é duns 1.500 euros de media fronte aos 1.900 euros que pode supor este proceso en centros privados.
Segundo os propios gandeiros que están xa a recriar en Castro as súas xatas, ademais de dito aforro económico, recriar nas instalacións provinciais permítelles mellorar a súa calidade de vida, pois a recría é un traballo laborioso e que precisa de moita atención. Hai que ter en conta que a escasa man de obra cualificada no sector implica que ao final sexan os propios gandeiros os que acaban facendo o traballo de recría. Así, levar as súas xatas á Granxa Gayoso Castro, permítelles reducir a carga de traballo diario das explotacións.
Ademais, tamén garante que as ganderías lucenses poidan seguir a medrara pois ao non recriar nas súas instalacións poden adicar o 100% do espazo que dispoñen á propia produción leiteira.
Experiencias dos gandeiros
Antonio Fernández ten a Gandeiría Pazo de Eiras en Pol e leva traendo animais ao Centro de Recría desde agosto de 2018. Fernández explicou que acordaron facelo porque están ampliando a gandeiría para obter máis produción, por iso decidiron recriar en Castro. A Gandeiría de Antonio Fernández ten agora 20 animais neste Centro de Recría e os primeiros sairán en xuño do ano que ven. É a primeira vez que externalizan a recría pois sempre fixeron todo na propia explotación e nunca levaron os animais a outros centros de fóra de Galicia.
O gandeiro explica que antes facían toda a recría na casa e agora, desde o pasado mes de agosto, traen ao Centro de Recría o 100% dos animais nacidos. Antonio Fernández destaca que a diferencia entre recriar na casa ou neste Centro de Recría é a comodidade, a seguridade de saber que se está facendo o traballo ben feito, con controles moi exhaustivos tanto a nivel sanitario que é o primordial porque os animais teñen que cumprir uns requisitos sanitarios moi importantes.
Explica que este servizo “dannos tranquilidade, porque o manexo que fan aquí é moi estrito e está moi controlado e sabemos que cando os animais volvan a incorporarse á nosa explotación chegarán en condicións óptimas para o parto”.
Neste sentido, explica que “traer ao Centro os animais facilítanos o día a día pois non temos que estar pendente na casa do proceso de recría. A nivel económico, aínda que é un desembolso considerable que hai que facer, temos en conta que ao ser un Centro Publico ten uns prezos máis económicos que un centro privado tanto de Galicia como de fóra. É un prezo moi competitivo e aforrase na alimentación, na man propia e dispoñemos dunhas instalacións que moitos gandeiros non ten. A facer a recría de calquera xeito non logran os obxectivos e os rendementos que se poden acadar con este sistema. Ademais os animais saen deste centro de Recría inseminados e aquí polo que falamos cos xerentes empregarase a mellor xenética”.
Miguel Ángel Vázquez Bellón ten unha explotación de leite no Corgo. Arestora, ten un total de 7 xatas dende o mes de marzo do 2018 nas instalacións provinciais e que van estar alí uns 20 meses, saíndo preñadas de 7 meses. Na súa explotación, ata o momento recriábase de xeito totalmente tradicional, con lotes de xatas moi pequenos e dispares no tempo, o que lles quitaba moito tempo para poder continuar atendendo o resto das explotacións. Polo momento, a súa experiencia no centro é “moi positiva” pois ve que os animais están sans e moi ben atendidos. Ademais do aforro económico en comparación coa recría en centros privados, destaca que o máis beneficioso da recría nas instalacións da Granxa Gayoso Castro é que lles quita traballo e lles permite adicar máis espazo das súas instalacións á propia produción leiteira, podendo estar munguindo 6 vacas máis que cando recriaban eles mesmos.
Vázquez Bellón apunta que a recría na casa é moi laboriosa e que ademais non se poden facer lotes cun número fixo de xatas, “unhas veces son 3, outras son 5 ou 7”, o que os obriga a estar atendendo constantemente a estes animais. Agora, os lotes da súa gandeiría son máis uniformes, crecen de xeito gradual e en condicións moi semellantes. A súa experiencia é moi positiva polo que vai seguir mandando xatas ao Centro de Recría.
José Manuel Pardo Rodríguez da Gandeiría Leitagro S.C. en Taboada ten 10 xatas neste Centro que sairán con 22 meses. Apuntan que aínda que seguen facendo a recría na casa, nunha nave alugada pero xa saturada e sen espazo suficiente, decidiron traer un lote a recriar para probar, pois en Galicia non había nada parecido. Explica que “están moi contentos xa que as instalacións son una marabilla”.
“Resúltanos máis cómodo traelas para este Centro de Recría porque a nosa granxa é mediana, non temos persoal e non temos instalacións perfectas. Esto quítanos traballo.”
Conchita Guerreiro é muller gandeira da Leitagro SC en Taboada. Filla de gandeiros que continuou coa explotación xunto a José Manuel Pardo ampliando o número de vacas. Agora contan cunhas 220 vacas, 115 en munguido e o resto xatas.
Guerreiro explicou que “o centro é moi positivo porque se non tes instalacións e comida axuda moito. Usamos instalación que alugamos e se algún día, por calquera motivo, non podemos continuar alugándoas temos a opción de traer os animais a recriar aquí”.
Pablo Rodríguez Fernández é un mozo de 21 anos da Gandeiría Xuíz, en Bóveda. Pablo é un veciño emprendedor que decidiu pór en marcha unha explotación leiteira, que abriu as súas instalacións hai menos de un ano. Arestora, son 12 as xatas que se atopan na recriándose nas instalacións públicas. Para el, a experiencia é inmellorable pois os lotos son totalmente homoxéneos, e os animais están moi ben coidados e cun bo crecemento. Durante un tempo, recriaba el mesmo na súa explotación, o que lle obrigada a traballar moito máis e a adaptar as súas instalacións, pois non dispoñían da infraestrutura necesaria.
Agora, Pablo mellorou a súa calidade de vida pois xa non recría na casa e a uns custos “máis que asumibles para calquera gandeiro que se dedique á produción leiteira”. Tamén puxo en valor que a Deputación decidise facer un investimento destas características “que vai a axudar moito a todo o sector láceo”.
María Esther García Gayoso é unha veciña de Monterroso que puxo en marcha hai 2 anos a gandaría Golpe. Decidiu acudir a esta xornada de portas abertas para coñecer de primeira man como é o proceso de recría e en que situación están os animais, co fin de mandar parte das súas xatas a recriar, pois as súas instalacións fánselle pequenas.
Considera que o Centro de Recría é unha infraestrutura de primeiro nivel no que se fai o traballo de xeito profesional, polo que a vindeira semana, mandará as súas primeiras xatas ao centro.
Anteriormente, recriaban nas propias instalacións que teñen na casa pero estas cada vez se quedaban máis pequenas, ademais da falta de man de obra polo que, se querían continuar recriando, tiñan que optar por facelo fóra, xa que non dispoñen da máis instalacións. Para ela, mandar os animais á Granxa Gayoso Castro dalles máis calidade de vida aos propios gandeiros, pois é un proceso que dá moito traballo e no que se precisan de instalacións adaptadas por idades e que, no seu conxunto, ocupan moito sitio e tempo.
Venancio Seco García é un xubilado da Pastoriza que decidiu achegarse á xornada de portas abertas xa que a súa filla xestiona a SAF Fernández, en Bretoña. Dita explotación dispón de 200 cabezas de gando e decidiron levar á Granxa Gayoso Castro 13 xatas para recriar. Apunta que antes recriaban na casa e que agora lévanas ao centro porque, ademais de ser máis económico, quítalle moito traballo no día a día e axúdalle a mellorar a calidade de vida.
Seco García explica que está moi satisfeito e sorprendido das instalacións provinciais de primeiro nivel así como do trato aos animais, que se ven ben coidados e atendidos.
Miguel López López é o representante da Ganaderia Tío Ramón, Láncara. A súa era unha explotación familiar que pouco a pouco foi ampliando. Arestora, teñen 14 xatas no centro de recría porque non dispoñen dunha nave apropiada para poder crialas, pois hai que facer lotes e atendelas segundo a idade, o que lles imposibilita realizar eles mesmos a recría. O 100% das xatas que nacen envíanas ao Centro de Recría pois tentaron no pasado facelo eles mesmo pero tiveron un desenvolvemento deficiente, pois o crecemento das novillas era irregular, debido á diferencia da idade.
López López explica que agora, enviando todas as xatas ás instalacións provinciais, aforra moito tempo e traballo, ademais de permitirlle adicarse por completo á produción leiteira. Apunta tamén que neste primeira visita que fixo ao centro puido comprobar de primeira man o “bo estado” no que se atopan os seus animais e considera que a construción do Centro de Recría foi un acerto.
Benestar animal
Outro dos aspectos que puxeron en valor os usuarios do Centro de Recría que participaron na xornada de portas abertas, é a situación na que se atopan os animais xa que estas instalación, así como o persoal do centro, produce un claro aumento no benestar dos animais en comparación coa situación dos mesmos cando se recrían nas explotacións dos propios gandeiros lucenses.
Polo momento, son uns 700 animais de 50 explotacións lucenses as que se están a recriar nas instalacións da granxa Gayoso Castro. Mañá mesmo, e como sucede a meirande parte dos martes, entrarán unhas 30 novas xatas que comezaran co proceso de recría. Espérase chegar a finais do ano a ter na Granxa máis de 1.500 exemplares, é dicir, conseguir unha ocupación superior ao 50% do total. É importante subliñar que entrada de animais ten que se de xeito gradual xa que no proceso de recría as xatas vanse movendo polas distintas unidades do centro en función da idade das mesmas.
No Centro de Recría Gayoso Castro terán preferencia os gandeiros profesionais e entidades asociativas con explotación aberta e operativa na provincia de Lugo. No caso de que a capacidade das instalacións non estea cuberta, poderán acceder a ela outros gandeiros de toda Galicia que cumpran as condicións de profesionalización, rexistro e actividade. Todos os interesados poden solicitar máis información no 650-664-776, en info@recriacastro.es ou en www.deputaciónlugo.gal.
O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe todos os custos, xa que nel van incluídos tanto os custos de alimentación como os de transporte, control sanitario, tratamentos de fertilidade, revisións veterinarias... Con este importe, os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar as súas novillas a outros centros fóra de Galicia.
Proceso da Recría
As primeiras becerras entrarán cuns 15 días de vida e poderán pasar ata 21 meses recriándose nas instalacións do Centro de Recría da Deputación. Á chegada, faise un exame clínico na zona de cuarentena para identificalas. Durante todo o período de estancia na Granxa Provincial, vacinaranse aos animais conforte á normativa, así como cos controis sanitarios e desparasitación.
Na fase lactante (ata 2,5 meses de vida) administrarase a toma do leite, seguindo o horario establecido; e farase un exhaustivo control do estado dos animais ante posibles proceso infecciosos. Durante o destete, irase reducindo o leite aportado, a través unha redución gradual do leite aportado e executaranse controis e pesaxes dos animais durante todo o proceso.
Na fase post-destete, os animais estarán aloxados en casetas colectivas durante 30 días e alimentados con forraxe e na de pre-transición (ata os 5 meses), as becerras estarán en nave con cama quente, en lotes de 10 animais. Na fase de transición (ata os 12 meses), procederase ao aloxamento en naves con cubículos, en lotes de 50 animais.
A fase de cubrición (ata os 15 meses, arrancará cando os animais midan 1,35 cm e pesen 400 kg. Faranse inseminacións con seme de alto valor xenético evitando a consanguinidade e observacións adicionais para detección de celos. E por último, na Fase de xestación (ata a saída), vacinaranse os animais para preparalos para a saída cara a explotación, que iran sempre acompañados da documentación necesaria.
O novo Centro de Recría esténdese nunha superficie de 86.000 m2, nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, situada na localidade de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei. Conta con 13 naves, cunha capacidade media para 200 animais cada unha, supoñendo un total de 3.000 novillas. As naves contan con 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA, 2.200 cornadizas automáticas, 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática de arrobadeira. Ademais hai 270 casetas individuais (onde están os animais dende que entran con 15 días ata os 2 meses) e 105 colectivas (onde están dende os 2 meses e ata os 6 meses para logo ir ás 13 naves de recría).
O Centro de Recría tamén conta cunha manga para o manexo do gando de 700 metros de lonxitude, unha das máis largas de España, 12 silos para forraxe e 5 esterqueiras para o almacenaxe dos residuos. Ten a planta de biogás máis grande de Galicia que proporcionará 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, permitindo que as instalacións, non só sexan autosuficientes e que os custes enerxéticos polo tanto sexan de cero euros, senón que tamén se producirán excedentes de enerxía. Outras das vantaxes da planta de biogás é o incremento do valor agronómico dos xurros e do esterco, pois transformaraos en dixestato, mellorando a capacidade de fertilizante, e a redución da emisión á atmosfera de 400 toneladas de CO 2 anuais.
Centro pioneiro en España
Trátase do 1º centro de recría público de gando vacún de leite en España cunha xestión de rigoroso control público por parte do Executivo Provincial, coa colaboración de reputados expertos da USC, como Francisco Sineiro e Eduardo YUS. Na actualidade, España conta 4 centros de recría: 3 privados en Pantón (Lugo), Mazaricos (A Coruña) e en Mallén (Zaragoza). Existe outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero tamén de xestión privada.
Tras un proceso de concorrencia competitiva no que puideron participar todos os interesados, saíu beneficiada do mesmo a empresa Recría Castro S.L, que conta coa participación directa da cooperación galega de SERAGRO, da que forman parte 1.300 gandeiros. Esta deberá cumprir uns estritos pregos e o regulamento en defensa dos dereitos dos gandeiros. Outros obrigas asumidas por Recría Castro S.L: un incremento do 12,5% no salario dos profesionais contratados, formación profesional aos mesmos en materia de benestar animal; ou colaboración directa coa USC. Ademais, Recría Castro sumou a AFRICOR LUGO neste proxecto, pois esta asociación, da que forman parte 1.500 gandeiros de toda a provincia de Lugo, promocionará os servizos e vantaxes produtivas e económicas que supón a recría no centro da Deputación.
86.000 m2, 13 naves e capacidade para 3.000 novillas
O novo Centro de Recría esténdese nunha superficie de 86.000 m2, nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, situada na localidade de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei. Conta con 13 naves, cunha capacidade media para 200 animais cada unha, supoñendo un total de 3.000 novillas. As naves contan con 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA, 2.200 cornadizas automáticas, 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática de arrobadeira. Ademais hai 270 casetas individuais (onde están os animais dende que entran con 15 días ata os 2 meses) e 105 colectivas (onde están dende os 2 meses e ata os 6 meses para logo ir ás 13 naves de recría).
O Centro de Recría tamén conta cunha manga para o manexo do gando de 700 metros de lonxitude, unha das máis largas de España, 12 silos para forraxe e 5 esterqueiras para o almacenaxe dos residuos. Ten a planta de biogás máis grande de Galicia que proporcionará 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, permitindo que as instalacións, non só sexan autosuficientes e que os custes enerxéticos polo tanto sexan de cero euros, senón que tamén se producirán excedentes de enerxía. Outras das vantaxes da planta de biogás é o incremento do valor agronómico dos xurros e do esterco, pois transformaraos en dixestato, mellorando a capacidade de fertilizante, e a redución da emisión á atmosfera de 400 toneladas de CO 2 anuais.