Xornada de portas abertas no Lago DVSport

TerraChaXa
Durante o mes de xuño, o Lago DVSport ofrece adestramentos gratuítos a todos os nenos e nenas que non pertenzan ao club.
xornada portas abertas dvsport portada
31 Maio 2021

Durante o mes de xuño, o Lago DVSport ofrece adestramentos gratuítos a todos os nenos e nenas que non pertenzan ao club e que queiran vir coñecer a súa dinámica e o funcionamento.

O obxetivo é ampliar a inscrición de cara á tempada 2021-2022, na que se disputarán as competicións da RFGF. Tamén poderán simplemente formarse na Academia de Tecnificación ou Escola de porteiros sen participar na competición.

Ademais, o club ten previsto potenciar o fútbol sala feminino polo que fai un chamamento especial a estas xogadoras para iniciarse na práctica do fútbol sala.

A inscrición está aberta para todas as categorías, dende iniciación a xuvenil e os interesados poden poñerse en contacto co club no teléfono (tamén por whatsapp) 679371472 ou no mail lagodvsport@gmail.com.

xornadas portas abertas dvsport
0.19009184837341